X CERTAMEN DE DIBUJO « O BALONCESTO E O NADAL »

A FGB, en colaboración con CAIXABANK e ESEKA Sports activa a X edición do seu xa tradicional “Certame de Debuxo: O Baloncesto e o Nadal”, concurso que decide a postal que, vinculando o Baloncesto e o Nadal, desexará boas festas a todos os federados e afeccionados ao baloncesto.

Este X Certame “O Baloncesto e o Nadal” permanecerá aberto ata o vindeiro 17 de decembro; convidando a participar a todos os xogadores e xogadoras de categorías preminibasket ata cadete.
As bases e principais requisitos do Concurso poden consultarse no documento que achegamos, definindo ademais no mesmo o carácter dos agasallos que recibirán os autores ou autoras das postal vencedora e da segunda clasificada.
Así mesmo, indicar que as primeiras dez postais recibidas para formar parte do concurso contarán cun agasallo da FGB.

X Certame “O Baloncesto e o Nadal” – Premios 

A Federación Galega de Baloncesto galardoará ao 1º premio con:
– Pack de roupa cortesía de ÉSEKA SPORTS WEAR” valorado en 124 € composto de:
Chándal oficial FGB
Soft Shell oficial FGB
Camiseta quecemento oficial FGB

– Agasallo cortesía de “Caixabank”.
– Balón oficial Molten.
– Libro “50 anos do Baloncesto en Galicia”.
– Pizarra Oficial Federación Galega de Baloncesto.

A Federación Galega de Baloncesto galardoará ao 2º premio con:
– Pack de roupa cortesía de ÉSEKA SPORTS WEAR valorado en 124 € composto de:
Chándal oficial FGB
Soft Shell oficial FGB
Camiseta quecemento oficial FGB

– Agasallo cortesía de “Caixabank”
– Pizarra Oficial Federación Galega de Baloncesto.